Orixes, Historia
J. Isern Miralles funda en 1924 J. ISERN PATENTES Y MARCAS con oficinas en Barcelona e Madrid. Tras o seu pasamento, sucédeo o seu fillo J. Isern Cuyás. Decatándose de que a firma está consolidada nestas dúas cidades, decide abranguer máis da xeografía de España, centrando os seus esforzos na expansión da empresa. Abre oficinas en Alacante, Zaragoza, Valencia, Granada e Logroño. Viaxa por todo o mundo e inicia a expansión internacional da empresa.
Tras o pasamento de J. Isern Cuyás, os socios desta empresa tiveron claro que o seu futuro era continuar J. ISERN PATENTES Y MARCAS como un despacho de profesionais altamente cualificados para dar o mellor servizo aos nosos clientes.
Hoxe en día
Na actualidade J. ISERN PATENTES Y MARCAS está formada por catro sociedades de profesionais independentes.
J. ISERN PATENTES Y MARCAS conta con máis de 120 profesionais para asesoralos en todo o que precisen e con 11 oficinas repartidas por toda España, sendo unha das empresas líderes no noso sector.
J. ISERN PATENTES Y MARCAS xestiona unha carteira de máis de 30.000 clientes. Desde o cliente particular, pequeno empresario, pasando por pequenas e medianas empresas familiares ata grandes multinacionais. A nosa filosofía é que calquera cliente é importante independentemente da dimensión que teña como empresa.
A nosa filosofía de traballo está en non limitarnos en ser meros xestores de carteiras, senón en dar un servizo áxil e un asesoramento continuo aos clientes para que poidan tomar decisións coa maior información e tempo posible.
Debido ao alto grao de especialización, J. ISERN PATENTES Y MARCAS está situado na elite tanto nacional como internacional. As súas áreas de asesoramento son: INVENCIÓNS (patentes e modelo de utilidade); MARCAS, LOGOS E SIGNOS DISTINTIVOS (marcas e nomes comerciais); DESEÑOS (deseños e modelos industriais); PROPIEDADE INTELECTUAL (copyright, dereitos de autor); INTERNET, DOMINIOS E NOVAS TECNOLOXÍAS (rexistradores oficiais de dominios); SERVIZOS XURÍDICOS E CONTROL ADUANEIRO; REDACCIÓN DE CONTRATOS, NEGOCIACIÓNS E LICENZAS; AUDITORÍAS Y VALORACIÓNS DE CARTEIRA DE PROPIEDADE INDUSTRIAL. Somos un despacho que ofrece un servizo integral e personalizado desde o asesoramento previo e o estudo de viabilidade, pasando pola xestión ata o rexistro da marca, patente, dominio en internet, etcétera, en España ou en calquera lugar do mundo. Tamén ofrece a súa vixilancia, a súa protección xurídica fronte a imitacións ou actos de piratería e vixilancia aduaneira. O seu equipo está composto por axentes da propiedade industrial, axentes europeos de patentes, axentes europeos de marcas e deseños, avogados, economistas, enxeñeiros, biólogos, químicos, tradutores técnicos e persoal altamente especializado en propiedade industrial e intelectual.
J. ISERN PATENTES Y MARCAS pertence e participa activamente en múltiples asociacións a nivel nacional e mundial:
Asociacións
- AED, Asociación Española de Directivos
- AGESORPI, Asociación de Agentes Españoles Autorizados ante Organismos Internacionales de la Propiedad Industrial e Intelectual
- AHAJ, Asociación Hispano-Alemana de Juristas
- AIPLA, American Intellectual Property Law Association
- AIPPI, Association Internationale pour la Protection de la Propriete Intelectuelle
- ALAI, Literary and Artistic International Association
- APAA, Asian Patent Attorneys Association
- ASIPI, Asociación Interamericana de la Propiedad Industrial
- AUI, Asociación de Usuarios de Internet
- CIPA, Chartered Institute of Patent Agents
- COAPI, Colegio Oficial de Agentes de la Propiedad Industrial
- GRUR, Deutschen Vereinigung Für Gewerblichen Rechsschutz und Urhberrecht
- ECTA, European Communities Trademark Association
- EPI, Institute of Professional Representative Before the European Patent Office
- ESNIC, Agentes registradores oficiales .es
- EURID, Agentes registradores oficiales .eu
- ICANN, Internet Corporation for Assigned Names and Numbers
- INTA, International Trademark Association
- ITMA, Institute of Trademak Agents
- LES, Licensing Executives Society
- MARQUES, The Association of European Trademark Owners
- PTMG, Pharmaceutical Trademarks Group Membership
Cámaras de Comercio
- Cámara de Comercio Alemana, Deutsche Handelskammer
- Cámara de Comercio Americana, American Chamber of Commerce
- Cámara de Comercio Británica, British Chamber of Commerce
- Cámara de Comercio Francesa, Chambre de Commerce et d'Industrie Française
- Cámara de Comercio Hispano Sueca, Svensk Spanska Handelskammaren
- Cámara de Comercio Italiana, Camera di Comercio Italiana
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |



























