Unha PATENTE é un título que recoñece o dereito de explotar en exclusiva, durante un período non superior a vinte anos, un procedemento novo, un aparato novo, un produto novo o un perfeccionamento ou mellora dos mesmos.
O dereito de explotación da invención patentada recoñece o dereito de excluír a terceiros da fabricación, utilización ou introdución do produto ou o procedemento patentado no libre comercio.
Os requisitos de protección dunha patente de invención son: novidade mundial e actividade inventiva.
A duración dunha patente de invención é de vinte anos a contar desde a data de presentación da solicitude, sendo precisa a liquidación dunhas taxas anuais a partir da súa concesión para o seu mantemento legal.
|
Un MODELO DE UTILIDADE é un título que recoñece o dereito de explotar en exclusiva, durante un período non superior a dez anos, unha invención con menor rango inventivo que as invencións protexidas polas patentes de invención. Concretamente, consiste en dar a un obxecto unha configuración ou estrutura nova da que se derive algunha vantaxe ou utilidade práctica. O alcance da protección dun Modelo de Utilidade é similar ao conferido por unha Patente de Invención. |
|
| PODERES | |
Os requisitos de protección do Modelo de Utilidade son: novidade e actividade inventiva.
A duración dun Modelo de Utilidade é de dez anos a contar desde a data de presentación da solicitude, sendo preciso o pagamento dunhas taxas anuais a partir da súa concesión para o seu mantemento legal.
Servizos:
- Rexistro de patentes de invención e modelos de utilidade a nivel nacional, europeo e internacional.
- Actividades relacionadas dentro dos procedementos de rexistro (accións oficiais, respostas a exames, oposicións, etc.).
- Informe sobre o estado da técnica dun novo proxecto/desenvolvemento.
- Vixilancia tecnolóxica personalizada.
- Obtención de copias de publicacións de patentes de invención e modelos de utilidade nacionais e internacionais.
- Peritaxes.
- Xestión de mantemento de anualidades a nivel internacional.
- Xestión de axudas para o fomento de solicitudes de patentes e modelos de utilidade nacionais e internacionais.
- Asesoramento legal en transferencia de tecnoloxía.
- Valoración de patentes.
- Rede internacional de especialistas en calquera area tecnolóxica.





